|
INDICE -¿Que é o BONO FEGATUR DE TURISMO RURAL? -¿Como funciona o BONO FEGATUR DE TURISMO RURAL? -¿Que duración e validez ten o BONO FEGATUR DE TURISMO RURAL? -¿Como mercar BONOS FEGATUR DE TURISMO RURAL? -¿Que pasa se quero ir cun grupo de amigos ou outros membros da miña familia? - ¿Quenes somos? ¿Que é o BONO FEGATUR DE TURISMO RURAL? O Bono Fegatur de Turismo Rural é un agasallo que se pode cambiar por unha noite de estadía para dúas persoas en réxime de aloxamento e almorzo en establecementos de turismo rural de Galicia. Esta iniciativa da Federación Galega de Turismo Rural permite aloxarse nos establecementos adheridos ao programa. SUBIR ¿Como funciona o BONO FEGATUR DE TURISMO RURAL? O portador do Bono poderá trocalo nas casas adheridas que teñan dispoñibilidade nas datas que desexe empregalo. Para coñecer os establecementos adheridos e o cupo de bonos dispoñibles en cada un, pódese chamar á Central de Reservas de Turgalicia: 902 200 432 ou acceder á web www.bonofegatur.com seguindo estes pasos: - Buscar aloxamento dende o Menú Principal
- Seleccionar a tipoloxía (bronce, prata, ouro) segundo o bono do que dispón
- Elixir un destino turístico no mapa de Galicia que aparece na pantalla
Entón aparecerán todos os establecementos participantes -desa tipoloxía de bono nese destino- indicando o número de cupos dispoñible nese momento para cada un. Só resta: - Elixir un establecemento entre as propostas que teñan cupos dispoñibles
- Cumprimentar o FORMULARIO de consulta de dispoñibilidade ou contactar directamente con Turgalicia no 902 200 432 indicando Programa Bonos Fegatur
A partir de entón recibirá a resposta de Turgalicia -vía enderezo electrónico ou telefonicamente- sobre a dispoñibilidade de aloxamento nas datas requiridas e formalizarase, no seu caso, a reserva. Agora só resta presentarse no establecemento co bono para gozar da súa noite de turismo rural! Outro xeito de buscar aloxamento, é a través do buscador avanzado que permite atopar aloxamento segundo a tipoloxía do bono e o destino turístico de interese, provincia ou concellos. Unha vez atopado o aloxamento con cupo dispoñible do seu interese, o procedemento será o mesmo que o arriba descrito. En todo caso, as RESERVAS do aloxamento xestionaranse través da Central de Reservas de TURGALICIA -entidade colaboradora deste programa-, por teléfono 902 200 432 ou a través do formulario de solicitude de dispoñibilidade da web indicado. Política de Cancelación: No caso de cancelación da reserva con menos de 48 horas de antelación ou non presentación no aloxamento, o bono quedará anulado. SUBIR ¿Que duración e validez ten o BONO FEGATUR DE TURISMO RURAL? O programa Bono Fegatur de Turismo Rural ten validez ate o 31 de decembro de 2010 e poderá empregarse exclusivamente no período establecido como “días verdes” que publica TURGALICIA e sempre suxeito á dispoñibilidade do establecemento. VER CALENDARIO SUBIR ¿Como mercar BONOS FEGATUR DE TURISMO RURAL? Os bonos pódense adquirir a través da Rede comercial da Federación Galega de Turismo Rural, ben sexa na sua Sede de Monte do Gozo (Rúa do Gozo 18, pavillón 28 - 981 56 93 06) ou a través do formulario de contacto .
SUBIR ¿ Qué pasa se quero ir cun grupo de amigos ou outros membros da miña familia? Para grupos que desexen aloxarse conxuntamente, o programa é flexible e a Central de Reservas de Turgalicia poderá atender a esta particularidade. En este caso recoméndase realizar a reserva mediante o teléfono 902 200 432. SUBIR ¿Quenes somos? Fegatur, é a Federación Galega de Asociacións de Turismo Rural integrada por 13 asociacións e dando servizo os aloxamentos rurais dos seguintes xeodestinos turísticos:
1. Costa da Morte 2. Rías Baixas 3. A Coruña – Terra das Mariñas 4. Terras de Santiago 5. Terras de Ourense 6. A Raia 7. Ferrol-Eume-Ortegal 8. Terras de Lugo 9. Ribeira Sacra 10. Allariz 11. A Mariña Lucense 12. Ancares – Caurel 13. Terras Altas de Galicia SUBIR
|